martes, 19 de mayo de 2015

O liño e o ameneiro en Manuel Luís Acuña.

                                          

Alcipreste.
Campadario.
A noite velliña fía
liño preto de salaios.

E como brúan os medos
nos ameneiros do río.

No adro da igrexia probe
morren os mortos co frío.
Polas estrelas difuntas.

 Polas arbres. 
Polo vento pelerino.

¡Ai!
¡Meu fillo, meu probe fillo! 

Manuel Luís Acuña: Fírgoas,1933


Ameneiro no Río Sanguento, Xove

lunes, 4 de mayo de 2015

O liño bravo.




Utilidades do liño



Olmo.

Olmo (Espasante)

No vello Camiño Real de Espasante (Ortigueira), antiga estrada de Ferrol a Viveiro, quedan algúns olmos de moitos anos nos que sempre aniñaban os petos cando se podían ver estas aves.



Informante: Eliseo B., 92 anos de Espasante (Ortigueira)


Camiño real en Espasante con "olmos"

domingo, 1 de febrero de 2015

O loureiro e as súas lobragas ( lorbagas )


Loureiro ao pé do mar no mes de febreiro. Vense as flores e as lorbagas.


Ademais dos usos culinarios e medicinais, o loureiro tamén servía para facer xoguetes. En concreto as bagas da planta usábanse para "balíns" dun xoguete universal, o tiratacos.
Na gravación dos informantes recóllense dúas formas para denominar as bagas: lobragas e lorbagas, ; en ambos os dous casos con gheada.
Os informantes pertencen ao mesmo concello, Ortigueira, pero Edita S. (87 anos) é de Loiba e Eliseo B. (91 anos) de Espasante.



Aquí deixo un enlace a unha páxina moi interesante para ver como se facía o tiralobragas.Preme aquí.