domingo, 1 de febrero de 2015

O loureiro e as súas lobragas ( lorbagas )


Loureiro ao pé do mar no mes de febreiro. Vense as flores e as lorbagas.


Ademais dos usos culinarios e medicinais, o loureiro tamén servía para facer xoguetes. En concreto as bagas da planta usábanse para "balíns" dun xoguete universal, o tiratacos.
Na gravación dos informantes recóllense dúas formas para denominar as bagas: lobragas e lorbagas, ; en ambos os dous casos con gheada.
Os informantes pertencen ao mesmo concello, Ortigueira, pero Edita S. (87 anos) é de Loiba e Eliseo B. (91 anos) de Espasante.



Aquí deixo un enlace a unha páxina moi interesante para ver como se facía o tiralobragas.Preme aquí.